NOVO LOGO!
A DEPUTACIÓN ABRE A PORTA PARA AMPLIAR AS PRAZAS DE ESQUIOU
O Congreso da Muller Rural abre portas para a economia de Río é a comarca
Sementes de esperanza nunha montaña queimada no corazón das Terras de Trives
MANZANEDA XA RECIBIU 15.000 VISITANTES NO QUE VA DE TEMPORADA
OS LABREGOS DE TRIVES PROTAGONISTAS DO NOSO ENTROIDO
INFORMACIÓN PARA AS PERSOAS AFECTADAS POLOS LUMES
Para facer xestións...
Todas as xestións, ou casi todas as podes facer na SEDE ELÉCTRONICA DA POBOA DE TRIVES
BiciTrives
Se non tes bici ou ves de turismo é queres dar unha volta por Trives ou polo concello... clica no botón
Códigos Postais
ISTA É A WEB DE TRIVES CON TODA A INFORMACIÓN É CON TODA A ACTUALIDADE
Xornais con todas as noticias do que pasa en Trives é Galicia
Apoiamos aos xornais escritos integramente en galego
MERCATRIVES a nova páxina web do concello de Trives para mercar produtos locais.
CÁMARA DIRECTO ESTACIÓN DE MONTAÑA DE MANZANEDA
DESCOBRE OS MELLORES MIRADOIROS DA RIBEIRA SACRA
MERCATRIVES
As Parroquias da Pobra de Trives
Descobre todo sobre as parroquias.
Que é unha parroquia?
Cales son as parroquias da Poboa de Trives?
Mapa das Parroquias da Pobra de Trives
A Galería das aldeas de Trives
1-Navea 2-Barrio 3-Pena Folenche 4-Cova 5-A Pobra de Trives 6-Sobrado 7-Mendoia 8-Piñeiro
TRIVES :)
XEOGRAFÍA
A Pobra de Trives sitúase ao occidente da Serra de Queixa, que supera os 1500 m. A altitude mínima é de 300 metros (río Bibei) e a máxima de 1778 ( Cabeza de Manzaneda). O terreo baixa cara ao oeste e cara ás ribeiras do río Bibei, e forma vales estreitos e encaixados con grandes desniveis.
O río Bibei é o afluente máis importante do río Sil. Nace na “Serra Segundera” no municipio zamorano de Porto de Sanabria, a 1840 metros de altitude, e constitúe case todo o límite norte do concello. Desde a súa marxe esquerda desembocan nel o río Navea e o San Lázaro, o Cabalar e o Fiscaíño, en forma de fervenzas. Nas zonas altas predomina un clima de montaña, e nos vales é case mediterráneo. O inverno é duro, longo (9ºc), rudo e con moitas precipitacións que con frecuencia, dependendo da altitude, son en forma de neve. O verán é morno (15ºc en xullo) e caracterízase pola gran seca. As precipitacións aumentan coa altura e oscilan entre os 874 mm do fondo do val aos case 2000mm nas montañas.
POBOACIÓN
A Pobra de Trives ten unha superficie de 31,29 qm2 e acolle unha poboación, de 2.511 habitantes (2010), cunha densidade de 80,25 habitantes/qm2 distribuídos en dezanove aldeas: Barrio, Castro, Cotarós, Cova, A Encomenda, Mendoia, Navea, Pareisás, Pena Folenche, Pena Petada, Piñeiro, A Pobra de Trives (capital), San Lourenzo, San Mamede, Sobrado, A Somoza, Trives, Vilanova, Xunqueira.
A capital atópase na Pobra de Trives que é tamén cabeza de partido xudicial. O xentilicio é: trivés/trivesá ou tiburo/tibura.
A actividade económica do municipio baséase principalmente no sector servizos (turismo rural e de montaña), na agricultura/gandería e o comercio/hostalaría.
Nos meses de xullo, agosto e setembro a poboación incrementa considerablemente o seu número de habitantes, xa que regresan os fillos e netos de triveses que durante o resto do ano viven noutros lugares.
As festas de Trives
Festa do Chourizo
Esta festa celébrase na parroquia de Vilanova a primeiros do mes de febreiro. A festa comeza pola mañá cando os romeus soben á capela. Ao mediodía os nenos sacan o San Blas, unha pequena imaxe duns 30 cm. Cando escurece as fogueiras dos distintos grupos de veciños, amigos e familias, están listas para asar os chourizos acompañados cun bo pan da zona e regados, como non con viño caseiro. Todo isto sen esquecer a bica e os licores. A noite vai pasando ao compás que marca a orquestra.
Festa do Cocido
Na localidade de Piñeiro celébrase todos os anos, no mes de xaneiro, unha festa popular de confraternidade. Os habitantes desta parroquia traballan unidos na preparación dun cocido para todos os habitantes da comarca. O cocido acompáñase do viño da localidade, que conta coa primeira bodega con denominación de orixe Ribeira Sacra. A organización dispón de carpa climatizada, xa que en xaneiro fai moito frío, na que tampouco falta a música popular.
Festa da Bica
A festa da bica nace no ano 1972 e dende entón celébrase o último domingo de xullo. A festa supón a exaltación desta deliciosa sobremesa orixinaria da comarca. Celébrase unha romaría popular con degustación de bica e licor café.
Milleiros de persoas acoden a esta festa na que todos os anos se acaban as existencias de bica. Os visitantes e turistas non só a degustan ese día, senón que a levan como agasallo e é, sen dúbida, un dos mellores recordos que poden levar desta terra.
Entroido
Neste concello celébrase cada ano con máis arraigo o entroido. O entroido celébrase o xoves de compadres e comadres.
No concello hai cinco folións, cada un deles cun son diferente, que dan vida e colorido ás rúas da vila nestes días. As rúas da vila énchense de xente para escoitar o ritmo dos folións, caracterizados polo ruído atronador dos bombos que se intensifica polas noites.
Magosto
No mes de novembro a castaña convértese no froito máis importante da zona, xa que se celebran diversos magostos onde os veciños se reúnen ao redor do lume e asan as castañas. As castañas van acompañadas dun bo viño, que en moitas ocasións xa é de nova colleita. Durante todo o magosto os veciños tamén poden gozar coa música popular, que ameniza a festa.
As Feiras
Os días 1 e 15 de cada mes celébrase no concello de A Pobra de Trives a feira. A data da feira só se modificará se coincide con día festivo, que pasará a celebrarse o seguinte día laborable.
As festas patronais
Cada aldea e cada parroquia do concello ten as súas festas coas correspondentes procesións e festexos.
BARRIO | SAN XOÁN |
NOSA SEÑORA DO ROSARIO: 2 DE OUTUBRO
O CASTRO | SAN NICOLAO |
CORPUS CHRISTI: 23 DE XUÑO
COTARÓS | SANTIAGO |
SANTIAGO: 25 DE XULLO
COVA | SANTA MARIA |
SANTA MARÍA: 15 DE AGOSTO
SAN BERNABÉ: 11 DE XUÑO
A ENCOMENDA | SAN ANTÓN |
SAN ANTÓN: 17 DE XANEIRO
SANTA ANA: 4 DE SETEMBRO
PIÑEIRO | SAN SEBASTIÁN |
SAN SEBASTIAN: 20 DE XANEIRO
POBRA DE TRIVES | STO. CRISTO DA MISERICORDIA |
SAN BARTOLOMEU: 24 DE AGOSTO
SANTO CRISTO: 14 DE SETEMBRO
DOLOROSA:17 DE SEPTEMBRO
SAN LOURENZO | SAN LOURENZO |
SAN LOURENZO: 10 DE AGOSTO
SAN MAMEDE | SAN MAMEDE |
SAN MAMEDE: 7 DE AGOSTO
SOBRADO | SAN SALVADOR |
SANTA CRUZ: 3 DE MAIO
SAN SALVADOR: 6 DE AGOSTO
MENDOIA | NOSA SRA. DA CONCEPCIÓN |
SAN JOSÉ: 15 DE MAIO
NAVEA | SAN MIGUEL |
SAN MIGUEL: 8 DE MAIO
PAREISÁS | SAN ANTÓN |
SAN VICTOR: 26 DE AGOSTO
PENA FOLENCHE | SANTA MARIÑA |
SANTA MARIÑA: 18 DE JULLO
PENA PETADA | SANTO ESTEBO |
SANTO ESTEBO: 19 DE XUÑO
SOMOZA | SAN MIGUEL |
SAN MIGUEL: 29 DE SETEMBRO
TRIVES | SANTA MARÍA |
SANTA MARÍA: 15 DE AGOSTO
VILANOVA | SANTA MARÍA |
SAN BLÁS: 2 DE FEBREIRO
Santo Cristo da Miselicordia é A Dolorosa
Gastronomia
Bica de Trives
Constitúe un dos sinais de identidade da Pobra de Trives ata alcanzar un renome que traspasou fronteiras. Moitos defínena coma un biscoito coidadosamente elaborado, máis doce, esponxoso, suave e riquísimo. A bica é unha especialidade sorprendente e deliciosa.
Produtos da matanza
Na gastronomía trivesa destacan pola súa calidade os produtos derivados da matanza do porco. Entre a gran variedade de produtos da matanza destacan: os chourizos, xamóns, androllas, cachuchas, filloas que se elaboran co sangue do porco, torta de chicharróns…
Viños
Entre as variedades de viño que se cultivan nas Terras de Trives predominan dúas: unha de branco e outra de tinto.
Branco: godello
Tinto: mencía.
Os viñedos do concllo están na Ribera de San Fiz, nos socalcos do Bibei é no val do Navea.
Licores caseiros
No concello de A Pobra de Trives non só existe unha grande variedade de viño, senón que tamén é preciso mencionar a augardente e os licores da zona. Son ben coñecidos o licor café caseiro e a augardente de herbas tipo chastreuse. Estes licores nunca faltan nas nosas sobremesas.
NÓS ACORDAMONOS (INVERNO 2026), NON IMOS CON NAIDE: FIN XA Á XESTIÓN FORESTAL DA XUNTA DO PP É DO GOBERNO ESPAÑOL DO PSOE
Web creada por Isaac Arimich Rodríguez