ENTROIDO
ENTROIDO
A Pobra de Trives á guínda que lle faltaba á Ribeira Sacra
A Mediciña Rural
Non te podes ir de Trives sen haber visitado a exposición da mediciña rural Galega no edificio de Santa Leonor. Ademais do museo da Escola é a Infancia tamén en Santa Leonor
Descobre as nosas FERVENZAS
Descobre as fervenzas de Trives, descoñecidas pero fermosas.
(FERVENZAS DO RÍO CABALAR)
MERCATRIVES a nova páxina web do concello de Trives para mercar produtos locais.
CÁMARA DIRECTO ESTACIÓN DE MONTAÑA DE MANZANEDA
DESCOBRE OS MELLORES MIRADOIROS DA RIBEIRA SACRA
DESCOBRE OS SABORES TRADICIONAIS COMO A BICA
Patricia Domínguez
Alcaldesa da Pobra de Trives
Aínda non está acabado o SAÚDO DA ALCALDESA
Exposición da Mediciña rural Galega
e inaugura na Pobra de Trives a exposición “Historia dá Mediciña Rural Galega”, organizada pola Asociación de Médicos Galegos (Asomega) en colaboración cos concellos de Trives e Maceda. A mostra, que poderá visitarse de forma gratuíta a partir do 13 de setembro na sala de exposicións do Edificio Santa Leonor, ofrece un percorrido pola evolución da medicina rural en Galicia, destacando o labor dos médicos rurais a finais do século XIX e principios do XX.
A exposición está composta por unha ampla selección de materiais do Museo do Médico Rural de Maceda e utiliza paneis informativos para presentar a historia e características deste tipo de medicina, ilustrando o contexto no que estes profesionais traballaban. Os visitantes poderán coñecer de primeira man como era o consultorio dun médico rural, o instrumental médico dispoñible na época, o “cabás” médico, e os medios cos que contaban para desempeñar o seu labor, abarcando temas como a hixiene rural, o coidado infantil, as diferenzas xeracionais e a evolución das farmacias
“Historia dá Mediciña Rural Galega” é unha exposición itinerante que comezou a súa andaina na Romaría de Raigame, en Vilanova (Celanova), e pasou xa por Maceda, Sevilla, Alacante e Murcia, chegando agora a Trives. O acceso é gratuíto, e o horario de visita, de luns a venres, de 10:00 a 13:30 e 16:30 a 18:30; sábados de 11:00 a 14:00 e 16:30 a 18:30, e festivos de 11:00 a 14:00. A iniciativa pretende achegar ao público a historia da medicina rural e poñer en valor o traballo dos médicos que desempeñaron o seu labor en condicións a miúdo difícile
As Parroquias da Pobra de Trives
Que é unha parroquia?
En galego, unha parroquia refírese a unha unidade territorial ou administrativa que pode ter dous significados principais:
1. Parroquia relixiosa: é unha división dentro da Igrexa católica que agrupa a unha comunidade de fieis baixo a responsabilidade dun sacerdote ou cura. Cada parroquia está asociada normalmente a unha igrexa, que serve como centro de culto.
2. Parroquia civil: en Galicia, tamén se usa para designar unha entidade administrativa de menor rango, que adoita estar composta por varias aldeas ou lugares. Estas parroquias civís teñen unha longa tradición histórica e cultural, sendo unha división moi arraigada no rural galego.
Ambos significados están relacionados, pero non sempre coinciden exactamente en límites ou funcións.
Cales son as parroquias da Pobra de Trives?
San Xóan de Barrio
San Nicolao do Castro
Santiago de Cotarós
Santa Maria de Cova
Nosa Señora Concepción de Mendoia
San Miguel de Navea
Santo Antonio de Pareisás
Santa María de Pena Folenche
Santo Estevo de Pena Petada
San Sebastián de Piñeiro
Santo Antonio da Encomenda
Santo Cristo da Misericordia da Pobra de Trives
San Lourenzo de Trives
San Mamede de Trives
San Salvador de Sobrado
San Miguel de Somoza
Santa María de Trives
Santa María de Vilanova
San Pedro de Xunqueira
Mapa das Parroquias da Pobra de Trives
Para ver o mapa clica as letras en negrita.
MAPA DAS PARROQUIAS DA POBRA DE TRIVES
A Galería
1-Navea 2-Barrio 3-Pena Folenche 4-Praza do Pilón (A Pobra de Trives) 5-Cova 6-Sobrado 7-Mendoia 8-Piñeiro
As festas de Trives
Festa do Chourizo
Esta festa celébrase na parroquia de Vilanova a primeiros do mes de febreiro. A festa comeza pola mañá cando os romeus soben á capela. Ao mediodía os nenos sacan o San Blas, unha pequena imaxe duns 30 cm. Cando escurece as fogueiras dos distintos grupos de veciños, amigos e familias, están listas para asar os chourizos acompañados cun bo pan da zona e regados, como non con viño caseiro. Todo isto sen esquecer a bica e os licores. A noite vai pasando ao compás que marca a orquestra.
Festa do Cocido
Na localidade de Piñeiro celébrase todos os anos, no mes de xaneiro, unha festa popular de confraternidade. Os habitantes desta parroquia traballan unidos na preparación dun cocido para todos os habitantes da comarca. O cocido acompáñase do viño da localidade, que conta coa primeira bodega con denominación de orixe Ribeira Sacra. A organización dispón de carpa climatizada, xa que en xaneiro fai moito frío, na que tampouco falta a música popular.
Festa da Bica
A festa da bica nace no ano 1972 e dende entón celébrase o último domingo de xullo. A festa supón a exaltación desta deliciosa sobremesa orixinaria da comarca. Celébrase unha romaría popular con degustación de bica e licor café.
Milleiros de persoas acoden a esta festa na que todos os anos se acaban as existencias de bica. Os visitantes e turistas non só a degustan ese día, senón que a levan como agasallo e é, sen dúbida, un dos mellores recordos que poden levar desta terra.
Entroido
Neste concello celébrase cada ano con máis arraigo o entroido. O entroido celébrase o xoves de compadres e comadres.
No concello hai cinco folións, cada un deles cun son diferente, que dan vida e colorido ás rúas da vila nestes días. As rúas da vila énchense de xente para escoitar o ritmo dos folións, caracterizados polo ruído atronador dos bombos que se intensifica polas noites.
Magosto
No mes de novembro a castaña convértese no froito máis importante da zona, xa que se celebran diversos magostos onde os veciños se reúnen ao redor do lume e asan as castañas. As castañas van acompañadas dun bo viño, que en moitas ocasións xa é de nova colleita. Durante todo o magosto os veciños tamén poden gozar coa música popular, que ameniza a festa.
As Feiras
Os días 1 e 15 de cada mes celébrase no concello de A Pobra de Trives a feira. A data da feira só se modificará se coincide con día festivo, que pasará a celebrarse o seguinte día laborable.
As festas patronais
Cada aldea e cada parroquia do concello ten as súas festas coas correspondentes procesións e festexos.
BARRIO | SAN XOÁN |
NOSA SEÑORA DO ROSARIO: 2 DE OUTUBRO
O CASTRO | SAN NICOLAO |
CORPUS CHRISTI: 23 DE XUÑO
COTARÓS | SANTIAGO |
SANTIAGO: 25 DE XULLO
COVA | SANTA MARIA |
SANTA MARÍA: 15 DE AGOSTO
SAN BERNABÉ: 11 DE XUÑO
A ENCOMENDA | SAN ANTÓN |
SAN ANTÓN: 17 DE XANEIRO
SANTA ANA: 4 DE SETEMBRO
PIÑEIRO | SAN SEBASTIÁN |
SAN SEBASTIAN: 20 DE XANEIRO
POBRA DE TRIVES | STO. CRISTO DA MISERICORDIA |
SAN BARTOLOMEU: 24 DE AGOSTO
SANTO CRISTO: 14 DE SETEMBRO
DOLOROSA:17 DE SEPTEMBRO
SAN LOURENZO | SAN LOURENZO |
SAN LOURENZO: 10 DE AGOSTO
SAN MAMEDE | SAN MAMEDE |
SAN MAMEDE: 7 DE AGOSTO
SOBRADO | SAN SALVADOR |
SANTA CRUZ: 3 DE MAIO
SAN SALVADOR: 6 DE AGOSTO
MENDOIA | NOSA SRA. DA CONCEPCIÓN |
SAN JOSÉ: 15 DE MAIO
NAVEA | SAN MIGUEL |
SAN MIGUEL: 8 DE MAIO
PAREISÁS | SAN ANTÓN |
SAN VICTOR: 26 DE AGOSTO
PENA FOLENCHE | SANTA MARIÑA |
SANTA MARIÑA: 18 DE JULLO
PENA PETADA | SANTO ESTEBO |
SANTO ESTEBO: 19 DE XUÑO
SOMOZA | SAN MIGUEL |
SAN MIGUEL: 29 DE SETEMBRO
TRIVES | SANTA MARÍA |
SANTA MARÍA: 15 DE AGOSTO
VILANOVA | SANTA MARÍA |
SAN BLÁS: 2 DE FEBREIRO
Gastronomia
Bica de Trives
Constitúe un dos sinais de identidade da Pobra de Trives ata alcanzar un renome que traspasou fronteiras. Moitos defínena coma un biscoito coidadosamente elaborado, máis doce, esponxoso, suave e riquísimo. A bica é unha especialidade sorprendente e deliciosa.
Produtos da matanza
Na gastronomía trivesa destacan pola súa calidade os produtos derivados da matanza do porco. Entre a gran variedade de produtos da matanza destacan: os chourizos, xamóns, androllas, cachuchas, filloas que se elaboran co sangue do porco, torta de chicharróns…
Cabrito do Navea
Outro produto destas terras que cómpre destacar é: o cabrito asado ou do Navea. Un gran manxar e outra das grandes excelencias da nosa cociña. Non podemos esquecernos das carnes de vacún, ás que os pastos da alta montaña lle dan un gran sabor.
Viños
Entre as variedades de viño que se cultivan nas Terras de Trives predominan dúas: unha de branco e outra de tinto.
Branco: godello
Tinto: mencía.
Os viñedos do concllo están na Ribera de San Fiz, nos socalcos do Bibei é no val do Navea.
Licores caseiros
No concello de A Pobra de Trives non só existe unha grande variedade de viño, senón que tamén é preciso mencionar a augardente e os licores da zona. Son ben coñecidos o licor café caseiro e a augardente de herbas tipo chastreuse. Estes licores nunca faltan nas nosas sobremesas.