Os Miradoiros

Os miradoiros de Trives, os mellores da Ribeira Sacra

Miradoiro da Pena da Anduriñeira

Sitúase nun espectacular lugar no que se accede desde a estrada que conecta Trives con Montefurado e constitúe un balcón natural ao meandro que se forma cando o río Navea desemboca no río Bibei. 

Miradoiro das Penas de Rome

Sitúase nun espectacular lugar de fácil acceso desde a estrada OU-536 a un balcón natural con vistas ás Penas de Rome; unha formación rochosa na montaña sobre o Barranco do Navea (un dos barrancos máis espectaculares de toda a Península) e que conta tamén cunhas fermosas vistas ao Valle do Navea (ao fondo) declarado como a primeira Paisaxe Protexida de Galicia.

Miradoiro da Pena Folenche

Pena Folenche e unha aldea situada a 900m de altura na que destaca unha gran rocha situada no medio do pobo, que nos serve de miradoiro.
Cunha vista de 360º, desde o alto da roca alcánzase a ver a Fraga de Río, San Xoán de Río, o río Navea, o río Bibei, Cabeza de Manzaneda, A Pobra de Trives e ata Pena Trevinca.

Miradoiro de Cabeza Grande de Manzaneda

O miradoiro de Cabeza Grande de Manzaneda é un espectacular miradoiro desde onde vese todas as montañas do parque natural do Invernadoiro, ata vese Lubián na comarca das Portelas.

Máis miradoiros da contorna

ademais que en Trives ao redor hai tamén miradoiros espectaculares, algúns deles son...

Miradoiro das Penas de Matacás

A máis de 500 metros elévase este miradoiro, situado, como o seu nome indica, sobre as Penas de Matacás. Desde el, teremos unhas impresionantes vistas do Canón do Sil. 

O río Sil fai de fronteira natural entre as provincias de Lugo e Ourense neste tramo, polo que desde este miradoiro poderemos apreciar na súa cara Norte, é dicir, á nosa dereita, os viñedos da subzona de Amandi, na provincia de Lugo; mentres que á nosa esquerda, atoparémonos coas ribeiras do Sil pertencentes a Abeleda, provincia de Ourense.

Miradoiro dos Anguieiros

Este miradoiro ofrece unha magnífica panorámica da boca de saída do túnel romano e das médulas en Montefurado. É da aldea de Montefurado.

Miradoiro do Alto do Cerengo

O monte Cerengo con 1286 metros é o lugar mais alto de San Xoán de Río sendo o límite das provincias de Ourense e Lugo.

Sabías que esta serra sempre foi un lugar en desputa que todos querían conquistar? A día de hoxe é a única zona onde a provincia de Lugo cruza o río Sil, ou o concello da Pobra de Trives cruza o río Navea, creando unhas fronteiras antinaturais.

O punto de división na Gallaecia romana entre as 3 cidades dominantes: Bracara Augusta (Braga), Lucus Augusti (Lugo) e Asturica Augusta (Astorga) estaba nesta serra.

Os bambáns

No concello de Trives non temos bambáns con vistas, pero temos algúns moi preto, na comarca

Bambán-Miradoiro de San Fiz 
CHANDREXA DE QUEIXA


Bambán-Miradoiro de Manzaneda
MANZANEDA