Turismo
Formulario información turística
Se tes algunha pregunta sobre: Turismo, que ver, onde durmir, onde comer, preguntas sobre Trives... Enviar a pregunta ao fondo da páxina de TURISMO que che poñerá: contacto oficina de turismo da Pobra de Trives.
Oficina de turismo da Pobra de Trives
DIRECCIÓN: Rúa Eumenio Ancochea, 15
SERVIZO: Información Turística
HORARIO: Luns a venres: 10:00 a 13:30 e 16:30 a 18:30 horas.
Sábados e festivos: 11:00 a 14:00 horas.
Domingos: PECHADO
CONTACTO: Formulario fondo da páxina de TURISMO
Museo da Escola é da Infancia
Museo da Infancia e da Escola
Museo de titularidade privada e gratuíto, no que poderemos observar unha ampla mostra do que foi unha escola a finais do S. XIX e principios do S. XX.
Aquí atoparemos exemplares de cómics, mariquitas, recortables, libros de texto, urbanidade, relixión, novelas, lousas, teatrillos, xoguetes, material escolar, xogos, plumas, mapas, cartabones, enciclopedias, fotos, carteiras e un longo etcétera que nos mostra o que foron as súas xentes e axúdannos a entender o que hoxe en día son.
Os visitantes poden escribir nun libro de visitas con pluma e tinta, unha experiencia nova para os nenos.
Trives vila máxica
A Pobra de Trives está dentro da Asociación de los Pueblos Mágicos de España, grazas a sua natureza pura é monumentos historicos
Os roteiros máxicos que pasan por Trives...
PUEBLOS MÁGICOS DE ESPAÑA
2. Ruta Galicia mágica
17. Gran ruta mágica del vino
As Pontes
Trives é un concello cheo de pontes romanas é medievais.
Ponte Bibei
A ponte Bibei é da época do emperador Traxano e foi remodelada cara fins do século XIX e principios do XX. Na actualidade séguese utilizando. As súas dimensións son de 75 metros de lonxitude e de 7 metros de anchura. Dende o arco central ata o leito do río hai 22,50 metros.
Foi Construído para o paso da Vía Nova e ostenta a categoría de Monumento Histórico Artístico Nacional. Esta é unha das pontes romanas mellor conservadas da Hispania, probablemente porque nunca perdeu a súa función de obra útil. Sobre a ponte pasou primeiro a vía XVIII, despois os diferentes camiños que a substituíron a través dos séculos, e dende o século pasado a estrada N-120 (actual C-536). A ponte Bibei, recibe este nome polo río Bibei, é unha das máis altas da Hispania e está incluída no libro: Pontes históricas de Galicia.
Ponte Cabalar
Esta situado sobre o río Cabalar. Dun só arco e con calzada de lousas. De orixe romana, foi reconstruído no ano 1832 e viño a substituír outro que alí existía pois por alí pasaba a calzada romana. Aínda que practicamente nada da súa fábrica romana chego ata os nosos días.
Logo camiño medieval e tamén xacobeo, que dende Terras de Sanabria chegaba a Sobrado de Trives e na Ponte Cabalar uníase coa Vía XVIII.
Nos seus arredores podemos observar a antiga fábrica de chocolate que foi construída por José Salgadoalla polo 1.889, elaboraba un chocolate de tan alta calidade que tivo a honra de ser provedor da Casa Real coincidindo co reinado de Alfonso XIII.
En 1.918, os seus donos pecharon fabríca e trasladárona á Arxentina onde hoxe en día é unha prospera fabrica de chocolate en Bos Aires onde na parte de atrás do envoltorio sae a foto de Ponte Cabalar e fala das orixes desta fabrica.
Declarado monumento histórico-artístico. Ademais do seu valor construtivo, hai que destacar o valor paisaxístico do ámbito que a rodea, onde resaltaremos a existencia de dous muíños e a beleza dunha paraxe chea de encanto e intimidade, rodeado de arbores e cun continuo son da auga
Ponte Navea
O río Navea conduce as súas augas a través dun estreito val antes de xuntarse co Bibei. O río traza a liña divisoria entre os concellos de San Xoán de Río e A Pobra de Trives. Este val da Terra de Trives era todo un obstáculo na antigüidade para todos os que tentasen cruzalo. Os seus frondosos bosques e as súas fragosas ladeiras facían que fose unha ruta difícil. Pero, aínda que fose perigosa os que viñan do Bierzo tiñan que seguir a ruta para poder achegarse ás terras de Trives. Seica nestas terras se situou a capital da tribo galaica dos Tíburos, Nemetóbriga, que posteriormente se convertiría nunha mansión romana.
Por aquí pasaba a coñecida e importante Vía XVIII que unía Asturica con Bracara. Esta vía construíuse baixo o mandato dos emperadores Tito e Domiciano en torno ao ano 80 d.C. No Trives Vello localizábase Nemetóbriga (a cidade do bosque sagrado) capital de los Tiburi, a tribo celta que habitaba na zona.
Ponte Piago
A estrada OU-536, e antes do 2003 C-536, foi construída a mediados do século XVIII para unir as localidades da Rúa e Ourense. Por iso foi precisa a construción e aproveitamento de vellas pontes romanas como a do Bibei en Trives e a construción de novas pontes de arco en cantaría. Ponte Piago é unha delas. Localízase no quilómetro 64,5 nunha zona estreita do val do río Navea, que separa os concellos de Trives e San Xoán de Río.
Chama a atención o seu enorme arco de medio punto debido a súa altura, para así poder salvar o desnivel existente entre os dous puntos da estrada. A ponte era moi estreita polo que só permitía, o tránsito dun só vehículo. Despois de diversas obras na estrada, durante o século pasado, emprendeuse a finais de século a reforma case total dela, o que levou á construción dun novo e moderno viaduto que inutilizaba a vella ponte Piago. Así pois, Piago quedou oculta e esquecida na natureza no val do Navea
A Pobra de Trives, paraíso sen igual
Miradoiros de vértigo
En Trives temos algúns dos mellores miradoiros da Ribeira Sacra, ata de Galicia!
Monumentos de Interese Histórico
Trives é un concello cheo de historia e patrimonio por descobrer.
Espazos Naturais e Roteiros
A comarca da Terra de Trives é un lugar onde descobrer a natureza recorrendo sendas por vales profundos e subindo as cimas máis altas.
Estación de Montaña de Manzaneda
Manzaneda é unha estación de esquí e montaña turístico-deportiva. A estación ten diversas actividades que permiten o seu funcionamento durante todo o ano. Non só ten pistas de esquí, senón que tamén dispón de: campos de fútbol de herba, pistas de tenis, círculo de “karts”, hípica, “mountain bike”, piscina climatizada, pista polideportiva exterior e pavillón cuberto para varias actividades que inclúe ximnasio.
Tamén se poden practicar deportes como: sendeirismo, montañismo, escalada, tiro con arco, golf en campo rústico…Permanece aberta todo o ano.
A contorna e o bosque, de 2.000 hectáreas de extensión e cunha altitude de 1800 metros, que dotan a estación de montaña dun marco incomparable completado con instalacións turísticas e de hostelería.
Principais Actividades:
BBT, golf (campo rústico), aula da natureza, pista polideportiva, pavillón, fútbol, tenis, “karts”, cabalos, piscina cuberta e climatizada, escalada ( en rocódromo), rappel, tirolina, tiro con arco...
Descargas
Os aloxamentos
En Trives temos desde hoteis, pasando por pazos, ata un cámping!
CASA GRANDE DE TRIVES
(A POBRA DE TRIVES)
PENSIÓN BALOIRA
(A POBRA DE TRIVES)
HOTEL RURAL A LASTRIÑA
(SAS DE XUNQUEIRA)
A 2 min caminando do miradoiro Penas de Rome
4 min coche ata o centro de Trives, é en plena natureza.
AS MACEIRAS
(SAN LOURENZO)
4 min en coche ata o centro de Trives
CASA RURAL OS TRINTAS
(VILANOVA)
A 4 min do centro de Trives
CAMPING A MASÍA
(Zona de Autocaravanas é Caravanas, acampada con tiendas é bungalows)
(A POBRA DE TRIVES)
A 3 min en coche é 20min caminando pola Av Ourense.
HOSTAL LA VIUDA
(A POBRA DE TRIVES)
PAZO A FREIRÍA
(BARRIO)
A 30 min caminando é 6 min coche ata o centro de Trives, é en plena natureza.
PENSIÓN ANEIRA
(A POBRA DE TRIVES)
APARTAMENTOS CABEZA DE MANZANEDA / ALBERGUE QUEIXA ou BIBEI
(ESTACIÓN DE MONTAÑA DE MANZANEDA)
A 20 min do centro de Trives é ubicado na única estación de esquí de Galicia.
Contacto oficina de turismo da Pobra de Trives
(Só información turística)
El contenido de Google Maps no puede mostrarse debido a tu configuración de cookies actual. Para ver el contenido, haz clic en “Mostrar contenido” para consentir la transferencia de los datos necesarios a Google Maps y habilitar este servicio. Puedes consultar más información en nuestra Política de privacidad. En caso de que cambies de opinión, puedes revocar tu consentimiento en cualquier momento a través de la configuración de cookies.
Contacto
Teléfono: 988 330 000 (Fora de Servizo)
Correo Eléctrónico: [email protected]
Instagram: concello_trives
Facebook: -ayuntamiento-concello-a-pobra-de-trives
Twitter: concello_trives
Dirección
Oficina de turismo da Pobra de Trives
Rúa Eumenio Ancochea 15
A Pobra de Trives 32789
España
Rechea o formulario con as túas preguntas.